martes, 17 de junio de 2008

Visita da Deputación da Coruña

O deputado responsable da área de Benestar Social, Políticas de Igualdade de Xénero e Normalización Lingüística da Deputación da Coruña, Xoán Manuel Sande, realizou esta mañá unha visita á sede coruñesa da ONG Equus Zebra, co obxectivo de coñecer as actividades que desenvolve. Durante a súa visita, Sande estivo acompañado polo presidente da entidade, Victor Omgbá.

Xoán Manuel Sande, que visitou tamén xunto a Víctor Omgbá a sede do Banco de Alimentos da ONG na rúa Cardenal Cisneros, destacou o importante e diverso labor que desenvolve a entidade tanto na integración social e laboral dos inmigrantes como nos seus proxectos solidarios no exterior e gabou o traballo desenvolvido polas persoas que traballan na asociación, a maioría delas voluntarios, que destinan moitas horas do seu tempo á formación e asesoramento das persoas inmigrantes.
O deputado provincial lembrou que a Deputación destinará 15.480,54 euros á adquisición dun vehículo para a entidade que se destinará ao transporte de útiles e alimentos, e interesouse polo proxecto da ONG de organizar cursos de formación profesional específicos para os inmigrantes, que permitan unha maior inserción laboral deste colectivo